COMPAÑÍA PROFESIONAL DE DANZA PARA A COMUNIDADE
EXPERIMENTA DANZA
Compañía profesional de danza que nace no ano 2003 baixo a dirección de Carlota Peréz (coreógrafa, bailarina e historiadora da arte) que despois de ter traballado xunto co produtor e deseñador gráfico Alex Piñeiro na creación e organización de proxectos culturais e festivais internacionais de teatro Desde a rúa , comezou a súa carreira como coreógrafa levando a cabo o seu primeiro espectáculo de danza contemporánea “As Escondidas” que se estreou en Pavoa do Varmiz. Dende esa data ata hoxe traballou con diferentes bailaríns: Armando Marten, Blanca Blanco, Alexis Fernández, David Loira, Katerina Valera e fixo colaboracións coreográficas con diferentes
coreógrafos: Damian Muñoz, Gema Díaz, Chevy Muraday entre outros.
Durante os últimos 15 anos desenvolveu tamén numerosos espectáculos de Danza Inclusiva e proxectos comunitarios e é a directora do ENCONTRO DE ARTES POLA INTEGRACIÓN que se celebra anualmente na CORUÑA e do FESTIVAL SACRA, un festival das artes na Natureza. tamén se celebra como cita anual na Ribeira Sacra Lucense.