
Carlota Pérez
Dirección artística e coreografía
Bailarina e responsable sociocultural que compaxina simultaneamente o seu traballo como coreógrafa, coa dirección artística do Festival Sacra, Artes Naturaleza e Vino (Ribeira Sacra do Miño), o encontro internacional Arts for Integration (A Coruña) e a dirección do Festival Sacra. Empresa 5 e de Proxectos Profesionais de Inclusión Social a través das Artes.

Rebeca Ponte
Música e Artes Plásticas
Artista plástica e multidisciplinar. Adicada a proxectos culturais profesionalmente ás artes plásticas, compaxina o seu tempo entre o comisariado e a creación de proxectos culturais, expositivos e festivais para diferentes institucións públicas e privadas.

Adriana Paulo
Expresión corporal e Chickung
Formo parte da Compañía 5S, de Inclusión Social, e da Asociación Diversa dende o ano 2013, onde comecei como intérprete de Danza-Teatro e máis tarde como profesora de Expresión Corporal e Chickung.
Desenvolvín e participei en diferentes traballos e proxectos de inclusión como “Náufragos”, “Sueños y Zapatos”, “Torre de Babel”, “Construyendo sueños”, “A mirada de Picasso nas súas mans”, “Bailando o meu barrio” e “Rubindo”. Rochedos”.

Jordi Cortés
Dirección artística e coreografía

Davide Salvado
Músico
Ten formación autodidacta, percorrendo a xeografía galega para recoller música tradicional. En 2004 pasou a formar parte do grupo Ecléctica Ensemble. Pouco despois incorporouse como cantante e percusionista á banda de Xosé Manuel Budiño, coa que percorreu escenarios por todo o mundo. É cantante da Banda das Créetelas. En teatro participou na obra Las Dunas e no musical Dillei de Carlos Blanco. Recibiu o premio Martín Códax nos anos 2014 e 2017.

Víctor Duplá
Dirección artística e coreografía
Comezou a formarse na Escola Superior de Arte Dramática de Santander con profesionais como Corazza.
Tamén foi director da compañía de teatro da ONCE ‘Lana luciérnaga’ en Madrid, formada por actores cegos e deficientes visuales. Como formador, dirixe obradoiros de Dirección de Actores.
– Colaboradores –

Jorge sierra
Creador Audiovisual
Defíminome apaixonado polas viaxes e as aventuras. Unha persoa normal e corrente que dende moi nova se sentiu afectada polo virus incurable da vida nómade.
Fixen o Camiño de Santiago en varias ocasións, percorrei o mundo nun Citroën 2CV.

alejandra aguirre
Colaboradores

vari caramés
Os recordos son sempre borrosos, imprecisos, evanescentes… Quizais a fotografía sexa unha boa forma de arranxalos, de reter un momento para poder contemplar, mirar… “Cada ollada escolle a súa paisaxe”, insinuou Mario Benedetti.
Fotos de lugares cos que soñaches pero que nunca estiveches e probablemente nin sequera existan: trátase de atopar os lugares desde onde tes que ver.

maría vázquez
Actriz e Profesora en Obradoiros
Nacida en Vigo, a súa vida está moi ligada a Carballedo (Lugo. A súa carreira profesional comezou a finais dos anos 90, cando fixo un papel secundario na serie xuvenil Al salir de clase. Dende entón realizou un intenso traballo actoral en España, sobre todo en Galicia. Apareceu en longametraxes dirixidas por coñecidos directores como Montxo Armendáriz ou Icíar Bollaín.

agustin sanoguera
Fotógrafo e Creador Audiovisual
Fotógrafo Freelence e Creador Audiovisual. Estudou Fotografía e Vídeo na EMAV (Barcelona). Foi fotógrafo para OYSTER USA en Ibiza. Desde 2008 vive en Galicia realizando traballos fotográficos e de vídeo para empresas e particulares. Desde 2017 participa facendo fotografías e vídeos para Diversos.

nicolás conbarro
Colaboradores

mikel Aristegui
Coreógrafo e Dirección Artística
Formouse como bailarín na “Folkwang Hochschule” de Essen, Alemaña desde o 90 ata o 94. Desde 1994, traballa como bailarín e coreógrafo independente creando as súas propias pezas e participando en producións independentes entre outros con: Guilherme Botelho (Alias Cie), Kylie Walters, Benoit La Chambre…
Leva 16 anos vivindo en Berlín, e actualmente vive en Allariz, Galicia.