loader image

RUBINDO ROCHEDOS

PROYECTOS EN CURSO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Desexos e reflexións

Rubindo Rochedos; With Lendas and Coffees está inspirada nos textos Liquid Modernity e Liquid Love do sociólogo, filósofo e ensaísta polaco-británico Zigmunt Bauman. Ao entrar neste material, onde Bauman fai un ensaio sobre o amor e a sociedade actual, debuxamos algunhas reflexións que serviron de punto de partida para desenvolver esta peza de teatro danza coa Compañía 5s. Nesta cultura de consumo búscanse solucións rápidas, satisfacción instantánea, resultados sen esforzos prolongados, e non se escapan o amor e o desexo, converténdose tamén nunha mercadoría. Pero o amor non pode ser unha mercadoría, é unha opción de vida. Un estado que non entende de razas, nin de corpos, nin de idooloxías; que transcende tempo e espazo, polo tanto non remata nunca. Temos tanto medo á vida que poñemos demasiada enerxía para que nada nos cambie. E entón deixamos de crecer, de crer e polo tanto de crear, afastándonos da nosa propia natureza. Se paramos por un momento toda esa necesidade compulsiva do exterior e miramos para nós mesmos, sintonizaremos coa nosa verdadeira natureza e poderemos ser un pouco máis felices e a partir de aí construír un mundo mellor, máis xusto e máis igualitario.

Sinopse

Nesta sociedade na que vivimos, estamos demasiado afeitos a non ter tempo para sentar a escoitar aos demais, a dedicarnos a coñecer aos demais mentres nos coñecemos un pouco mellor a nós mesmos. En “RUBINDO ROCHEDOS; Contos, lendas e cafés” queremos aproveitar ese tempo como pretexto para falar do contexto e así poder afondar nas historias de quen somos, que queremos, cales son os nosos soños e preocupacións e, sobre todo, que queremos estar e onde queremos ir. Rubindo Rochedos; Contos, Lendas e Cafés é unha peza de teatro danza onde a poesía, a danza e o humor forman unha linguaxe común para falar dos temas.
máis sinxelo e ao mesmo tempo máis complexo do ser humano. Amor, felicidade e soños.

 

intérpretes

Ricardo Prado Díaz
Marisol Creo Prego
Clara López Villar
Tito López Villar
Valle López Villar
Adriana Paulos Viñas
Elvis García Torres
Marlon Steven Rincon
Nazaré da Vila Pousada
Renato Beiroa Troiteiro
Víctor Duplá
Mikel Aristegui

Rubindo Rochedos